EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Once adegas e diversos postos de artesanía e gastronomía, na Baco Festa 2026 da Rúa

Será no recinto feiral do Aguillón, do 14 ao 16 de agosto

Ambiente na inauguración da anterior edición da Baco Festa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Baco Festa regresa nesta fin de semana Á Rúa para encher O Aguillón de viño, música, artesanía e gastronomía do 14 ao 16 de agosto. Tres días para desfrutar dunha das citas máis especiais do verán rués, coa participación de once adegas e oito artesanos.

A programación contará tamén con diferentes propostas musicais ao longo da fin de semana, como Picoco-s Banda, Queima e Pousa ou Jorge Guillén, creando o ambiente perfecto para compartir, brindar e de sfrutar con amigos e familia.

A inauguración será o venres ás 20 horas co encontro das comitivas da Rúa e Petín na Ponte da Cigarrosa e o desprazamento ata ao recinto feiral onte terá lugar o pregón a cargo da sumiller Mercedes González.

 

Back to top button