OurenseÚltima hora

Máis de 200 axentes no dispositivo especial de seguridade da Garda Civil na provincia pola eclipse

 

A Garda Civil vén de despregar neste 12 de agosto un amplo dispositivo especial de seguridade con motivo da eclipse solar total, un acontecemento excepcional, na que se prevía unha importante afluencia de visitantes cara a numerosos puntos do territorio nacional.

No caso da provincia de Ourense o operativo da Garda Civil está formado por mais de 200 axentes. O dispositivo na provincia de Ourense conta coa participación de efectivos de Seguridade Cidadá, Subsector de Tráfico, SEPRONA, Servizo Cinológico, GREIM, USECIC, Unidades Fiscais e de Fronteiras, equipos de aeronaves non tripuladas (PEGASO), Oficinas Móbiles de Atención á Cidadanía, Centros Operativos e o resto de especialidades que resulten necesarias, apoiadas polas capacidades tecnolóxicas do Posto de Mando Avanzado para o seguimento permanente da evolución do dispositivo.

 

 

O operativo faise en permanente coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico, Protección Civil, servizos de emerxencias, administracións autonómicas e locais, policías autonómicas e locais e o resto de organismos implicados, reforzando a colaboración institucional para ofrecer unha resposta integral durante todo o desenvolvemento do evento.

Ata o intre de escribir estas liñas todo se desenvolvía sen incidencias.

Fotos cedidas pola Garda Civil.

 

 

 

Back to top button