
Esta madrugada, minutos despois das 6:30h., producíase un accidente de tráfico no quilómetro 3 da A-75, en Verín. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un turismo tivera unha saída de vía e abía varios ocupantes, un deles atrapado.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Verín e á Garda Civil de Tráfico.
“Unha vez no punto, os bombeiros empregaron o material de excarceración para liberar ao atrapado. Foi preciso trasladar ata o hospital de referencia a tres dos catro ocupantes que tiña o vehículo”, segundo informa o 112 Galicia.