OurenseÚltima hora

As tradicións de Armenia, Senegal e México brillaban no claustro do Mosteiro de Celanova

 

En Celanova brillaban na tardiña do 12 de agosto as tradicións e as músicas de tres países participantes nesta nova edición das Xornadas de Folclore: Armenia, México e Senegal. Actuaban a partir das 20:30h. no claustro do Mosteiro. A vistosidade dos traxes, as danzas e os ritmos que o público goza en cada actuación son o resultado de anos de intenso traballo de investigación e recuperación do diverso folclore tradicional de cada país, levado a cabo polos grupos participantes ao longo da súa traxectoria.

Nesta XLI edición, a agrupación máis antiga é a mexicana Compañía Nacional de Danza Folklórica de Nieves Paniagua, con 31 membros, que xa participou en varias ocasións nesta Xornadas, a primeira vez no ano 1997, gozando sempre do favor do público.

 

 

Creada en 1975 en Ciudad de México, baixo o nome de Folklórico de la Dirección General de Educación Tecnológica Industrial, pasou en 1984 a denominarse Compañía Nacional de Danza Folklórica por designación do Instituto Nacional de Belas Artes e Literatura. 

Dende a súa fundación este prestixioso grupo, creado por Roberto Vallejo e  Nieves Paniagua, falecida o ano pasado, é un piar fundamental na preservación e difusión do folclore mexicano. O obxectivo sempre foi  romper estereotipos e dar visibilidade aos pobos orixinarios. 

Esta compañía, recoñecida internacionalmente, contou  ao longo dos anos cun equipo de recompiladores e investigadores que co seu traballo lograron salvagardar o patrimonio cultural mexicano a través das presentacións de bailes e músicas das diversas rexións do país.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button