ConcellosO BoloÚltima hora

Desfrutando do espectáculo da eclipse dende Barxa (O Bolo)

 

Na tardiña do mércores 12 de agosto a poboación valdeorresa buscaba o mellor lugar para observar a eclipse total de sol, sendo a comarca un dos entornos dende onde se podía ver en todo o seu esplendor.

Moitos xuntábanse en lugares estratéxicos (no alto de Alixo, no Barco; no paseo do Aguillón, na Rúa; nos altos de Vilamartín de Valdeorras, A Veiga ou Manzaneda,…), e outros moitos reuníanse en pequenos grupos para desfrutar do fenómeno astronómico dende balcóns ou terrazas.

Este último caso é o dos veciños de Barxa, no concello do Bolo, que se reunían para gozar do espectáculo visual entre risas e bo ambiente.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button