
Os escenarios de Verín e Manzaneda acollían na noite do 14 de agosto, coa maxia que supón a unión de distintas culturas e pobos a través do folclore de cada país. A riqueza destas tradicións, recompilada en anos de traballo, queda tamén reflectido nos distintos traxes que cada grupo luce en cada unha das súas actuacións e que teñen un significado específico, representando danzas con orixes moi diversas.
As Xornadas chegaban este 14 de agosto ao seu ecuador levando o grupo armenio
“Sebastia Dance Ensemble-Taron Aesthetic Center”, a Compañía Nacional de Danza Folklórica de Nieves Paniagua de México e ao Ballet Jammu de Senegal ata o Parque Preguiza de Verín. En Manzaneda, o público poderá gozar coas postas en escena do grupo ecuatoriano
Elenco Nukanchik, o Folk Dance Group “Tucovic” de Serbia e a agrupación taiwanesa Yitzy Folk Dance Theatre.
O grupo de Senegal, incorporado a última hora en substitución de Kenya, cumpre este ano a súa maioría de idade. Nace en Dakar no 2008 como resultado dun proxecto con dous obxectivos: facer un grupo de folclore estable e crear unha escola de música e danza.
O Centro Cultural de Yoff, un barrio mariñeiro de Dakar no que viven os Lebu, unha peculiar etnia de pescadores cun idioma e cultura propia, é o espazo onde xorden as coreografías e se realizan os ensaios. O ballet Jammu acolle a mozos músicos e bailaríns de todas as etnias de Senegal (Wolof, Bambara, Peul, Toutcouleur, etc.).
O público ourensán ten a oportunidade de descubrir en cada actuación as danzas mais tradicionais deste país africano, como o Sabar ou o Djembe. Nas actuacións do grupo, os asistentes ao espectáculo quedaron impresionados coas rechamantes danzas que combinan movementos cheos de enerxía cunha espectacular acrobacia, baseadas no ritmo Mbalax, que se obtén dos tambores Sabar, empregados durante séculos polos Wolof do Senegal.

15 de agosto: Entrimo e Castro Caldelas
O folclore do mundo chegará a Alameda de Entrimo cos grupos de Armenia, México e Senegal. Será ás 20,30 horas.
Castro Caldelas acollerá na Praza do Prado as agrupacións artísticas procedentes de Ecuador, Serbia e Taiwán, ás 22, 30 horas. Tódalas actuacións son gratuítas.
