
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán do Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, no que se vén de decretar a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces.
Este lume iniciouse ás 16.54 horas de hoxe e segunda as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 8 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, 2 técnicos, 6 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 7 avións.