
Moitas son as vilas e aldeas que nesta fin de semana renden culto á Nosa Señora da Asunción. Un exemplo témolo na localidade barquense da Proba que celebra a festa organizada pola Asociación As Cancelas.
O programa comezaba o venres, con exposición fotográfica, sesión vermú e festa da escuma; sendo onte, sábado 15 de agosto, o día central, coa procesión coas imaxes da Virxe da Asunción e San Roque e misa, sesión vermú co Dúo Galán e festa e verbena a cargo do mesmo dúo.
Hoxe, último día, tamén haberá sesión vermú, tarde e noite coa Pimentoneta, ademais do tradicional torneo de tute.



Fotos cedidas.