CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe a Dna. Beatriz na exitosa Mostra de Teatro de Candea, nas festas de Viana

 

Novo éxito para a Mostra de Teatro Candea que cada ano forma parte da programación festiva en Viana do Bolo.

 

 

Nesta ocasión, o grupo de teatro Candea subíase ao escenario da Casa da Cultura de Viana na tardiña do venres 14 de agosto para poñer en escena dúas divertidas obras vencelladas ao mundo da pintura, “Galería de arte” e “A vella e o pintor” que facían rir ao público que enchía o patio de butacas.

Candea aproveitaba a ocasión para renderlle homenaxe a Dona Beatriz, “a persoa que nos inicio no teatro falecida este ano”, explican dende o grupo de teatro que entregaba un ramo de flores ao seu fillo.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button