DeportesÚltima hora

31 parellas de diferentes partes de Galicia participan no XXVI Torneo de Bolos de Punxeiro (Viana)

 

Como cada mes de agosto dende hai xa case trinta anos, a localidade vianesa de Punxeiro celebraba na xornada do sábado 22 de agosto, o seu torneo de bolos por parellas. Unha tradición popular galega posta en valor por Luis Herrera, promotor do torneo de bolos falecido hai xa uns anos, cuxa memoria honran en cada edición dende o Club de Bolos Punxeiro.

Nesta edición eran 30 as parellas que competían nos tres campos de bolos cos que conta o pobo, de diferentes idades e procedentes de clubs de Camos e Nigrán (Pontevedra), Boiro (A Coruña), Xove (Lugo), Puente de Domingo Flórez (León), Quintela de Edroso, Froxais, A Chaira, A Veiga, O Bolo e A Picarela, ademais dos anfitrións do Club de Bolos Punxeiro, todos na provincia de Ourense.

 

 

Coma sempre, pola mañá disputaban as rondas clasificatorias e xa pola tarde a competición propiamente dita coas parellas distribuídas segundo a puntuación na ronda previa, nos campos A, B e C. No primeiro campo (A)
gañaban David e Javi do Bolo; Daniel e Javi de Xove eran segundos; e Pedro e Brian do Bolo eran terceiros. No segundo campo (B) os gañadores eran Cristian e Alfredo de Froxais; segundos Iago e Maxi de Quintela de Edroso; e terceiros Jorge e Ramón da Veiga. E xa no terceiro campo (C) Mauro e Carlos de Camos eran primeiros; Julio e Pablo de Punxeiro segundos; e Agustín e Carlos de Quintela de Edroso terceiros.

Na categoría infantil tamén había unha alta participación quedando a clasificación como segue:
1. Thiago de Punxeiro
2. Daniel de Mañufe
3. Mauro de Punxeiro
4. María de Mañufe
5. Marcos de Punxeiro
6. Biel de Punxeiro
7. Mateo de Boiro
8. Ian de Mourisca
9. Daniela de Punxeiro
10. Denis de Punxeiro
11. Eneko de Pinza
12. Anton de Punxeiro

Fotos cedidas.

Back to top button