DeportesÚltima hora

“Synergym”, un novo servizo para o benestar físico, proximamente no Barco de Valdeorras

 

Valdeorras contará nos próximos días cun novo servizo para o benestar físico, “Synergym”, unha das principais operadoras de ximnasios en España, que destaca polo seu “modelo smart-price que combina tarifas alcanzables, deseño moderno e tecnoloxía avanzada”.

Fundada en 2013, a compañía busca, través da súa filosofía Fit Together, “democratizar o acceso ao fitness e fomentar un estilo de vida activo e saudable entre os seus usuarios”, mantendo o seu alto compromiso “coa excelencia, a innovación e o crecemento sostible” grazas á súa presenza en todas as comunidades españolas.

En decembro de 2025, contaba con 160 clubs abertos e proximamente contará cun novo no Barco de Valdeorras, concretamente no número 16 da rúa Río Miño, moi preto da piscina cuberta.

 

 

“O noso propósito é claro”, din, “fomentar hábitos de vida saudables a través de espazos inclusivos, tecnoloxía de vangarda e prezos xustos, eliminando as barreiras tradicionais ao benestar físico”. E para iso contan con “equipamento de alta calidade que maximiza a experiencia e seguridade do usuario” con ximnasios deseñados “baixo o concepto de cinco boutiques nun só club, o que permite aos nosos socios ter acceso a unha experiencia fitness completa e accesible, adaptada a distintos niveis e necesidades”, con Zona de Cardio (máquinas de última xeración para adestramentos de resistencia e mellora cardiovascula); Actividades Dirixidas (programa de clases grupais); Adestramento de Forza (espazos equipados con pesas libres e máquinas de musculación); Sala de Spinning (equipamento de ciclismo indoor con sesións dirixidas para mellorar a resistencia e o rendimento cardiovascular); e Zona de Adestramento Funcional e Cross-Training (espazos deseñados para exercicios de alta intensidade, adestramento en circuíto e técnicas avanzadas de acondicionamiento físico).

Back to top button