Neste 2026 o colexio diocesano San Pablo VI-Fátima cumpre 63 anos e nada mellor para celebralo que poñendo en marcha a residencia mixta que abrían na xornada do martes 8 de setembro.
E xusto un día despois, neste mércores día 9, daban a benvida ao novo curso escolar baixo o lema “Camiño de escoita, camiño de encontro. Escoitarnos para comprendernos. Atoparnos para crecer”, tal como indican dende o centro escolar que recibía aos alumnos de xeito escalonado en función do curso. ESO e Bacharelato ás 8:30 horas; Primaria ás 9 horras; 6º de Infantil ás 10 horas e 4º e 5º de Infantil ás 10:30 horas.
Fotos: Mónica G. Bellver.