CulturaCulturaÚltima hora

A forza da escultura de Conde e Torino, no escaparate de Miranda Moda no Barco

Unha mostra da obra destes creadores, como avance de "Córgomo Arte", inclúese neste outono no proxecto "MirArte" que promove esta tenda

 

Esculturas en madeira e ferro conviven coa moda da nova tempada nos escaparates de Miranda X no Barco. Este establecemento barquense volve a converterse nun espazo exposición a través do seu proxecto “Mirarte” para amosar, nesta ocasión, unha expresiva escolma da obra dos artistas valdeorreses Manuel Conde e Victorino Núñez “Torino”.

Teñen sido xa varias as ocasións nas que estes artistas de Valdeorras amosan as súas creacións nesta singular galería de arte. De feito o proxecto “MirArte”, que promove dende hai anos este establecemento comercial, situado na avenida Conde Fenosa, aposta precisamente pola difusión da arte desta comarca en calquera disciplina: pintura, escultura, fotografía, música, poesía…

 

 

Unhas 8 esculturas, a modo de avance da vindeira edición ” Córgomo Arte”, coidadosamente integradas no escaparate de outono desta tenda, achegan ao público algunhas das pezas figurativas e dun marcado carácter expresionista destes creadores valdeorreses.

A mostra poderá contemplarse no escaparate de Miranda Moda ata mediados do mes de outubro.

Fotos: A.R.

 

Back to top button