PolíticaÚltima hora

O PP pregunta no Congreso pola reparación “das deficiencias do firme da N-536” entre Sobradelo e O Barco

 

 

Os deputados do PP pola provincia de Ourense no Congreso, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana, veñen de presentar unha pregunta na Cámara de baixa na que “demandan ao Ministerio de Transportes que atenda a moi fundada queixa do Concello de Carballeda de Valdeorras e proceda con urxencia a reparar as moitas deficiencias do firme da N-536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras e axilice a execución das obras da estrada de conexión coa N-120”.

En concreto a pregunta formulada por escrito, e cuxa resposta se solicita tamén por escrito, é a seguinte:

“¿Atenderá o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible a moi fundada queixa acordada o 27 de agosto de 2026 polo Pleno do Concello de Carballeda de Valdeorras e en consecuencia axilizará a execución das obras da estrada de conexión entre as nacionais N-120 e N-536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras e liquidará con urxencia as moitas deficiencias que presenta a N-536 no seu estado actual?”.

Os deputados do PP aseguran que “consideramos que o Concello de Carballeda de Valdeorras e a súa alcaldesa María Carmen González Quintela, teñen toda a razón en formular esta queixa xa que se fai eco das protestas dos moitos usuarios da N-536 que presenta un lamentable estado do firme desde O Barco ata Sobradelo”.

Back to top button