ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

O pregón de Ricardo Marini que abría as Festas do Cristo no Barco, en imaxes

 

A praza Maior do Barco enchíase de público na tardiña deste 11 de setembro para asistir ao pregón do pediatra Ricardo Marini Fernández, de orixe arxentina, pero afincado coa súa familia dende hai case 40 anos nesta vila valdeorresa.

Na súa intervención, precedida pola proxección dun vídeo, facía un emotivo e sentido percorrido pola historia da súa familia, marcada pola emigración, tanto por vía paterna como materna, e contaba como unha serie de circunstancias e o destino facía que chegase ao Barco en outubro de 1989 coa súa muller Vicky e os seus fillos Rodrigo e Federico. Facían desta localidade, á que se mudaban inicialmente por dous anos, o seu fogar definitivo.

O agradecemento, a complexidade, dificultades e dor das migracións, pero tamén as alegrías e o acollemento de Valdeorras protagonizaban un pregón no que tamén falaba da súa vocación como pediatra, que segue exercendo.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button