En portadaÚltima hora

O valdeorrés Jesús Rodríguez volve impoñerse, en K2 sénior, no LVIII Descenso do Sil, no Barco

 

Numeroso público agardaba expectante contra as seis e media da tarde deste 12 de setembro a chegada do primeiro padexeiro á liña de meta do LVIII Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado, situada na praia fluvial do Malecón do Barco. Tratábase do valdeorrés Jesús Rodríguez León, do Club Fluvial Barco, que competía en K2 sénior xunto ao asturiano Miguel Fernández. Así, o padexeiro local volvía a facerse cun título que o ano pasado se lle escapaba a man doutro barquense, Adrián Prada, ausente desta volta no Sil xa que está a prepararse de cara ao mundial de maratón sénior.

 

 

Este descenso é unha das probas tradicionais do calendario galego e nesta edición contaba coa participación de 30 equipos, 160 embarcacións e 209 deportistas inscritos, segundo os datos da Federación Galega de Piragüismo.

A competición iniciábase ás 18.00 horas, con saída baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), e os participantes tiñan que cubrir un percorrido de 7.000 metros. Había piragüistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e máster en K1, K2 e C1, alén do K2 mixto sénior.

Entre os equipos participantes estarán os tres primeiros clasificados do descenso no 2025: Cabanas KDM, vencedor; Piragüismo Ciudad de Lugo e Fluvial O Barco.

Fotos: A.R.

Ampliarase información e galería fotografica en breve.

 

Back to top button