A GudiñaConcellosÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha saída de vía na A-52 á altura de Pentes (A Gudiña)

 

Na mañá deste domingo 13 de setembro producíase un accidente de tráfico na A-52 no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como indican dende o 112 Galicia, trátase dunha saída de vía que tiña pouco despois das 11:30 horas á altura de Pentes, no concello da Gudiña. “Polo que nos indicaban os particulares no punto, o coche acababa na mediana da autovía, con dúas persoas trasladadas, unha con contusións e feridas nunha perna e outra ferida nunha perna, segundo explicaban os do GES da Gudiña que acudía ao rescate”, explican dende o 112.

Ademais do GES, ata o lugar tamén acudía Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e Servizo de Mantemento de Estradas.

Back to top button