Seguindo a tradición, un ano máis as Calantornias, a parella de xigantes propia das Festas do Cristo do Barco, abrían a procesión do Nazareno no mediodía deste 14 de setembro. Partían dende o Teatro Lauro Olmo da vila, acompañados por un grupo de xigantes pola música tradicional da agrupación Abertal, da Rúa.
Esta singular comitiva, facía unha parada na praza do Concello para reunirse cos membros da Corporación, encabezados polo alcalde, e seguía pola estrada xeral ata chegar á praza de San Mauro e incorporarse á procesión que percorría a localidade este mediodía.

Despois a comitiva continuaba ata a praza de San Mauro, onde se colocaba diante da procesión para ir abríndolle paso ao longo do seu traxecto que remataba na praza Maior do Barco.
Fotos: A.R., agás as tres últimas da galería que son cedidas.
Vídeo: O SIL.
