ConcellosO BarcoÚltima hora

Concorrida concentración de Estandartes e Cruces na praza de San Mauro, no Barco

 

Como cada 14 de setembro, no mediodía deste luns a imaxe do Nazareno percorría as rúas do Barco de Valdeorras nunha multitudinaria e colorida procesión que partía da praza de San Mauro. Praza na que media hora antes se concentraban os Estandartes e Cruces das parroquias da Unidade Pastoral do Barco.

Unha vistosa xuntanza diante da igrexa parroquial, con numerosos e fermosos estandartes e cruces como o de Santiago de Forcadela, Santa Mª de Sobradelo, Santa Marta de Córgomo, o Nazareno do Barco, o de Puente de Domingo Flórez, Santo Tirso de Veigamuíños, Lardeira, A Proba ou Rubiá, entre outros moitos, que daba paso á longa procesión, presidida nesta ocasión pola imaxe de San Martiño de Viloira.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button