A Pobra de Trives celebra neste luns 14 de setembro (festivo local) o día grande das festas na honra do Santo Cristo da Misericordia, protagonista dun dos actos destacados da xornada, a procesión.
Acompañado polos sacerdotes e devotos que se concentran na confraría que leva o seu nome, o Santo Cristo da Misericordia saía nesta ocasión ás 13 horas, unha hora despois que o ano pasado e seguido pola corporación municipal coa alcaldesa Patrica Domínguez á cabeza, percorrendo as rúas da vila e regresando de novo á igrexa parroquial onde tiña lugar a misa maior cantada polo coro.


Despois tiña lugar a sesión vermú a cargo da Banda de Música de Ramirás que tamén dará un concerto ás 18 horas. E pola noite, a partir das 21:30 horas chegará á Pobra de Trives a verbena xacobea “Camiñantes e Cantantes” a cargo de La Oca Band.
Xunto ao Cristo saía tamén a imaxe da Dolorosa aínda que terá a súa propia celebración solemne o vindeiro domingo 20 de setembro.


Fotos: O SIL.