En portadaÚltima horaVídeos

A imaxe de Xesús Nazareno percorre a vila do Barco no día grande das Festas do Cristo

 

O Barco vive neste 14 de setembro o día grande das Festas de Cristo, no que a imaxe de Xesús Nazareno percorría as súas rúas, acompañada por multitude de persoas. Así, ás 12h. saía a procesión na súa honra dende a igrexa de San Mauro. A comitiva ía precedida, como é costume, polas Calantornias, parella de xigantes tradicional destas festa, así como polos cabezudos e polo son de Abertal.

 

 

 

A continuación ía a concentración das Cruces e Estandartes dos pobos da Unidade Pastoral do Barco, precedidos pola imaxe de San Martiño da parroquia de Viloira (O Barco). Despois, o Nazareno, portado polos confrades da antiga confraría que leva o seu nome, xunto ao párroco do Barco, Jesús Álvarez, acompañado por varios sacerdotes, entre eles o arcipreste de Galicia, Juan José Prieto.

 

 

 

 

Desta volta, o traxecto que seguía a procesión pasaba pola rúa Escura, seguindo despois polas rúas Real e San Roque e pola avenida Manuel Quiroga, para regresar á praza de San Mauro e finalizar na praza Maior, onde se oficiaba a misa maior.

 

 

Durante a procesión o tráfico estivo regulado pola Policía Local en todo momento, e tamén se contaba coa colaboración de Protección Civil do Barco.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button