EconomíaEconomíaÚltima hora

Cobrando os recibos dos confrades do Santo Cristo da Misericordia e da Dolorosa, na parroquia de Trives

 

As festas de setembro na Pobra de Trives xiran en torno a dúas imaxes: O Santo Cristo da Misericordia (14 de setembro) e Nosa Señora das Dores (20 de setembro), contando cada unha cunha confraría. A formación da primeira data do século XVIII e ela é a responsable de conservar non só a tradición, senón a propia imaxe relixiosa que chegou a Trives dende Palestina a mediados de 1700. No caso da segunda, a súa formación foi posterior.

 

 

Ambas congregan a un bo número de membros que aproveitaban estas datas para pagar os recibos anuais. Facíano onte e hoxe, 14 de setembro antes da misa do Cristo e tamén poderán facelo o vindeiro domingo día 20, antes da misa, na entrada da igrexa parroquial.

 

 

Fotos: O Sil

Back to top button