Aínda que nesta ocasión na procesión do Cristo do Barco non soaba unha banda de música, como era costume, o día grande da festa non quedaba sen actuación de banda nesta vila. Así, a partir das 18:30h. no Paseo do Malecón actuaba a Banda de Música Ciudad de Ponferrada.


Pese ao calor, numerosas persoas seguían este variado e animado concerto, no que a agrupación facía partícipe ao público ao longo do seu repertorio.
Fotos e vídeo: A.R.