Dende a beira do río Sil, pero tamén dende outros moitos puntos do municipio, multitude de persoas seguía na noite deste 14 de setembro a sesión de fogos artificiais coa que se vén de pechar o programa das Festas do Cristo 2026.
Comezaban ás 23h. e, ao longo duns 13 minutos, acendían o ceo con diversas cores e formas que se reflexaban no cauce do río. Este é sen dúbida un dos momentos máis agardados e fermosos das festas.
Fotos e vídeos: O SIL.

