CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

I Concurso Escolar de Curtametraxes Funtastik sobre o Camiño de Santiago pola provincia

Funtastik No Limits presenta o I Concurso Escolar de Curtametraxes Funtastik, unha iniciativa dirixida aos centros de Educación Primaria da provincia de Ourense co obxectivo de “fomentar a creatividade audiovisual, o traballo en equipo e os valores de respecto, convivencia e sustentabilidade vinculados ao Camiño de Santiago”.

O certame propón como tema central “O Camiño de Santiago pola provincia de Ourense e o Turismo Responsable”, e anima ao alumnado a crear curtametraxes de ata 5 minutos, gravadas con calquera dispositivo dixital e editadas con ferramentas externas. Cada centro poderá presentar ata 4 obras, que deberán ser orixinais, entregarse en formato MP4 e cumprir os requisitos técnicos e legais establecidos nas bases do concurso.

 

 

O concurso contará con dous recoñecementos principais: 1º Premio (unha Xornada Funtastik no propio colexio, con actividades lúdicas e educativas adaptadas ao alumnado); e Premio Especial “Valores do Camiño”, mención honorífica (unha árbore autóctona “Camiño Sostible” para plantar no centro e un vale de 200 € en material deportivo). As obras finalistas serán proxectadas durante Funtastik Ourense 2026, en Expourense, onde tamén terá lugar a entrega de premios.

O prazo de entrega das curtametraxes remata ás 23:59 horas do mércores 30 de setembro e as inscricións deberán enviarse ao correo cortos.funtastik@gmail.com, incluíndo a ligazón ao vídeo, ficha técnica, autorizacións e documentación requirida.

BASES

Back to top button