OurenseÚltima hora

El Combo Dominicano e París de Noia actuarán nas festas de San Francisco, en Ourense

Orquestra París de Noia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello de Ourense organiza as Festas de San Francisco 2026, que se celebrarán durante a primeira fin de semana do vindeiro mes de outubro.

A oferta musical concentrarase na rúa Pena Trevinca e contará con tres grandes citas para a fin de semana. O venres, 2 de outubro, A Gramola abrirá o ambiente festivo en sesión nocturna, desde as 23:30 ata as 3 horas. O sábado, 3 de outubro, a orquestra Combo Dominicano actuará entre as 23:30 e as 2:30 horas. E xa o domingo, 4 de outubro, a orquestra París de Noia pechará o cartel festivo con actuación en sesión de tarde, de 19 a 22 horas.

Ademais dos espectáculos musicais, o programa inclúe a instalación das tradicionais barracas e atraccións festivas para todos os públicos.

 

Back to top button