CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto do Orfeón Trivés e misa, o 4 de outubro no Santuario das Ermidas (O Bolo)

O Orfeón Trivés. /Foto cedida.

 

A música do Orfeón Trives envolverá o vindeiro 4 de outubro o Santuario das Ermidas (no concello do Bolo).

Convidado pola Confraría de Nosa Señora das Ermidas, o coro dirixido por Sandra Gonález dará un concerto ás 12 horas no que interpretarán varias pezas de música sacras e tamén temas populares: O sacrum convivium (Luigi Morfino); Kyrie (P. Janczak); Ubi Caritas (Ola Gjeilo); Adiemus (Karl Jenkins); Cantares (música de Joan Manues Serrat, poema de Antonio Machado e arranxos de Liliana Cangiano); e Tres cantos andinos (Dante Andreo).

Ademais, durante a eucaristía prevista para as 13 horas, o Orfeón Trives cantará a misa de D. Luis Olano.

 

 

 

 

Back to top button