
A Consellería do Medio Rural informa de que vén de ser desactivada a Situación 2, declarada esta tarde como medida preventiva “no incendio forestal activo que se rexistra no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra, e que evoluciona favorablemente cara a súa estabilización”. Esta situación operativa de emerxencia decretouse pola proximidade do lume aos núcleos de Casal de Vello, As Barxas e Penarrubia.
O lume iniciouse ás 15.25 horas de onte martes e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 360 hectáreas, citando os datos da Consellería do Medio Rural. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 10 técnicos, 42 axentes, 52 brigadas, 37 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 12 avións.