
Na mañá deste 17 de setembro tiña lugar no Concello de Viana a sinatura do contrato de adxudicación da xestión do Matadoiro Municipal deste concello, “garantindo así a continuidade dunha instalación esencial para o noso municipio”, tal e como sinala o goberno municipal.
Dende o Concello de Viana sinálase que este matadoiro “é o único actualmente en funcionamento na comarca e nos concellos próximos, polo que presta servizo non só ás explotacións gandeiras de Viana do Bolo, senón tamén a gandeiros e gandeiras de concellos limítrofes”.
Apúntase así mesmo que a súa proximidade supón unha “importante vantaxe para o sector, tanto pola aforro nos custos de desprazamento como pola comodidade e facilidade para o traslado do gando, contribuíndo a manter un servizo fundamental para o desenvolvemento da actividade gandeira”.