ConcellosO BarcoÚltima hora

Un camión parte unha das árbores da avenida da Estación do Barco

 

A céntrica avenida da Estación do Barco perdía esta tarde unha das súas árbores. Neste xoves un camión dánaba un dos exemplares da zona. A Policía Local daba aviso ao GES Valdeorras que acudía ao lugar para talar a árbore afectada por precaución ante un posible percance, xa que quedara partida.

Ademais, aproveitábase para cortar outra que fóra tamén danada anteriormente e da que só quedaba parte do tronco e para talar unha terceira que estaba oca por dentro, constituíndo un perigo en caso de caída por vento ou por golpe dun vehículo.

Os lugares que ocupaban están agora sinalizados por conos colocados pola Policía Local.

Fotos: A.R.

Back to top button