OurenseÚltima hora

A CEO e a asociación de Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Plata comparten estratexias para promocionar este trazado ao seu paso por Ourense

 

O equipo directivo da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe-Vía da Prata acudiu hoxe á CEO para reunirse co seu presidente, David Martínez, e o secretario xeral, Jaime Pereira. Por parte da entidade cultural acudiron o seu presidente, José Luis Rodríguez, acompañado por Eligio Nieto, Óscar Sánchez, José Antonio Quintas e Luis Cuevas.

Durante a reunión fíxose repaso das actividades que esta asociación xacobea leva a cabo ao longo do ano para divulgar este camiño na provincia de Ourense, un trazado que esta mesma entidade recuperou na década dos 90 e que foi sinalizando e mellorando co paso dos anos.

 

 

Coa vista posta no próximo Xacobeo 2027, tanto a asociación cultural como a CEO abordaron cuestións como o mantemento da atención no Centro de Información ao Peregrino que esta asociación ten na sede empresarial, unha oficina onde se resolven todo tipo de consultas dos peregrinos, tanto de xeito presencial como vía mail ou teléfono. Precisamente neste punto de información hoxe quedou situada unha figura de peregrino ataviado con capa, cuncha e bastón que recibirá a todos os interesados en obter aquí a credencial ou información para iniciar este camiño, e que se encargará tamén de promocionar o próximo ano santo.

Con este encontro a CEO aposta polo crecemento e posicionamento da provincia grazas á promoción cultural, turística e das riquezas naturais e artísticas que esta asociación promove a través do Camiño Mozárabe-Vía da Prata.

Pola súa banda, nos seus máis de 3 décadas de traxectoria, a asociación de amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Prata está envorcada en actuacións orientadas a fortalecer e difundir este camiño ao seu paso pola provincia de Ourense, un traballo que leva a cabo mediante a promoción do espírito Xacobeo, a colaboración con institucións e albergues, a realización de estudos, investigacións e publicacións histórica-culturais, alén da información e asesoramento ao peregrino.

 

Back to top button