
A Área de Turismo do Concello de Quiroga continúa avanzando no proxecto de creación dun Parque Multiaventura na zona do merendeiro de A Conchada. Así o concelleiro de Turismo, Vicente Parra; e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; veñen de manter unha xuntanza telemática coa empresa encargada de facer o anteproxecto deste proxecto, Lignis.
Neste encontro virtual xa se amosaba un deseño do parque que inclúe tres zonas diferentes de circuítos con máis de 70 xogos, deseñados dependendo da dificultade dos xogos e da idade para a que están deseñados. O referido anteproxecto foi financiado integramente pola Deputación Provincial de Lugo, que aportou 2.700 euros.
Esta achega está incluída nun convenio asinado entre estas dúas entidades de 92.402 €. que tamén financia o programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”; a adquisición e renovación de equipos de protección individual para o Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Quiroga; o programa Soños de Nadal en Quiroga; e a promoción e mellora dos recursos turísticos e do patrimonio cultural, segundo informa o Concello de Quiroga.
Fotos: Concello de Quiroga.
