
O Auditorio Manuel María do Carballiño recibirá o vindeiro domingo 27 de setembro ao recoñecido actor e monologuista galego Carlos Blanco, que presentará o seu espectáculo “A penúltima”. Sen desprenderse do seu humor e ironía habituais, o artista sobe ao escenario con esta orixinal proposta, na que combina imaxes con historias e anécdotas novas e vellas.
Blanco, que xa leva meses xirando por toda Galicia (no Barco de Valdeorras estivo en abril de 2025), regresa ao Carballiño con esta “penúltima” función coa promesa de facer desfrutar ao público. “Convidamos á poboación a que desfrute desta proposta humorística da man de Carlos Blanco, un dos actores e monologuistas máis importantes do panorama galego e español”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.
A cita arrancará ás 19 horas. As entradas (15 euros) poden adquirir a través de giglon.com ou na pulpería Veracruz do Carballiño.
