CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro de pasatempos para potenciar o galego entre o alumnado quirogués, dentro do proxecto de normalización lingüística

 

O alumnado do CEIP de Quiroga realizaba a pasada semana un obradoiro de pasatempos guiado pola escritora e docente Celia Díaz Núñez, natural deste municipio. Durante a sesión, os nenos e nenas traballaron con diferentes tipos de xogos de palabras, co obxectivo de aprender, pensar e divertirse en galego. Ao longo da actividade elaboráronse tres tipos de pasatempos: sete sopas de letras, sete cruzadas e un encrucillado colectivo, no que participou o conxunto do alumnado.

Esta actividade enmárcase dentro das accións de normalización da lingua galega que se están a desenvolver conxuntamente os concellos do Xeoparque Montañas do Courel: Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel. Conta, ademais, co financiamento da Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude e está destinada ao fomento do uso do galego nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Luis Fernández, concelleiro de cultura de Ribas de Sil e coordinador da actividade xunto cos concelleiros responsables nos outros concellos participantes, comentan que: “Con este tipo de propostas búscase ofrecer ao alumnado ferramentas lúdicas que lles permitan familiarizarse co galego desde idades temperás, combinando a aprendizaxe co xogo e a creatividade”.

Fotos: Concello de Quiroga.

 

Back to top button