DeportesÚltima hora

Reunión no Barco para abordar o programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar)

 

O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollía na tarde deste 21 de setembro unha xuntanza relativa ao programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar) para o curso 2026/27. No encontro participaba o coordinador do Deporte Escolar (Secretaría Xeral para o Deporte) na provincia de Ourense, Carlos Bericat, así como representantes de centros de ensino, ANPAS, clubs, escolas deportivas municipais ou asociacións.

No decurso do encontro dábanse a coñecer as principais novidades e actuacións do programa para a tempada 2026/27, qe abrangue Actividade Deportiva Escolar, Actividade Deportiva Federada-Seguro Deportivo 6 a 16, ademais das propostas “Coñece o meu club”, “Xogando coa auga e co vento”, “Xogos tradicionais e populares” e  actividades de promoción.

As modalidades convocadas dentro da actividade deportiva escolar son nesta edición: atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, cros fin de semana, cros horario lectivo, dúatlon, encontros multideportivos, fútbol sala, multixogo 6-8, natación, orientación, patinaxe artística, tenis de mesa, voleibol, xadrez e xogando co atletismo.

Tamén se abordaban datas e lugares para posibles actividades de cara a ir concretando unha programación.

Fotos: A.R.

 

Back to top button