
En marcha a quinta edición de “Santa Cristina in música – un diálogo musical na Ribeira Sacra”. “Os dous concertos deste ano pretenden render una homenaxe a dúas músicas que son Patrimonio Inmaterial da Humanidade, distinción que na modalidade de Patrimonio Material, estamos seguros que terá a Ribeira Sacra”, segundi di o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez
O público que, un ano máis, enchía o templo gozaba dos sons da guitarra portuguesa de Ricardo J. Martins, que fixo un programa con temas tradicionais da familia Paredes, obras propias e unha peza de J. S. Bach, amosando a versatilidade do instrumento e a súa mestría co mesmo.

Martins tocou con dúas guitarras, a de Lisboa e a de Coímbra, que teñen distintos sons e pequenas variantes na forma. Novamente a acústica da igrexa realzou o precioso e peculiar sonido do instrumento, referente cultural do país veciño. O público encantado pedía e desfrutaba de tres pezas fóra de programa.
O sábado 26 será a quenda do guitarrista flamenco Álvaro Martinete, Premio Bordón Minero do Festival Cante de Las Minas de La Unión e Premio SGAE Paco de Lucía 2024. Trátase dunha oportunidade única, no que será o seu primeiro concerto en Galicia.
As entradas pódense adquirir en Musical González (Ourense) en tamén online na web santacristinainmusica.eventbrite.com
Fotos cedidas.
