O fume dos incendios chegan de novo a Valdeorras. Na tarde deste xoves 24 de setembro o ceo da comarca volvía cubrirse, tapando asemade o sol, co fume do incendio de Calvos de Randín que avanza a gran velocidade, pasando xa da 140 hectáreas e co nivel 2 decretado.
Aínda que en quilómetros o incendio está lonxe o vento facía visible o fume dende diferentes puntos como A Rúa, O Barco e mesmo O Bolo.