
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada. O lume iniciouse ás 01,15 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 6 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.