
O Concello do Barco informa de que esta semana se están levando a cabo traballos de limpeza, para os que se está empregando, ademáis das mangueiras de auga a presión e outros útiles, unha campana especial coa que comezaron a limpeza na rúa Abdón Blanco, “e continúan e continuarán ao longo da vindeira semana en diferentes rúas do Barco, entre elas, o Paseo do Malecón. O obxectivo é incidir nas zonas máis frecuentadas pola xente durante as pasadas Festas do Cristo, e tamén naquelas áreas do casco urbano que máis o necesitan”.
A mencionada campana, matizan dende o Concello do Barco, “é un accesorio circular que se conecta á hidrolimpiadora para lavar beirarrúas e pavimentos sen salpicar aos viandantes”.
