CulturaCulturaÚltima hora

A Festa do Esquecemento de Xinzo aspira a ser recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles reuniuse cos organizadores e co Concello

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles, mantivo unha reunión coa deputada do Parlamento de Galicia por Ourense e concelleira de Deportes de Xinzo de Limia, Cristina Campero, e con representantes da comisión organizadora da Festa do Esquecemento, na que se fixo balance da XXVI edición, celebrada os días 21, 22 e 23 de agosto.

Durante o encontro, valoraron o desenvolvemento da edición de 2026 desta celebración, que aspira a ser recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Tamén abordaron os retos de futuro dunha cita que, tras 26 anos de historia, se consolidou como un referente da recreación histórica en Galicia e como un importante elemento de dinamización cultural e turística de Xinzo de Limia. Neste sentido, puxeron en valor a implicación da veciñanza e do tecido asociativo na consolidación da festa e reafirmaron o compromiso de seguir traballando na súa promoción e proxección.

Back to top button