A sexta cita do itinerario cultural N NOVE esgotaba as entradas. Non quedaba nin unha cadeira libre. Un total de 400 persoas subían onte a Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras, para asistir ao espectáculo de humor “Comedia no cumio”, que convertía na tarde do 26 de setembro as instalacións dunha canteira de lousa, Pizarras Los Tres Cuñados, nun teatro ao aire libre cos montes de Valdeorras de fondo.

Era unha actuación 90 minutos rebosantes de humor e risas sen parar. Abría David Amor, seguía Leti da Taberna e pechaba Carlos Blanco, tres xeracións do humor galego nun mesmo escenario. Unha hora antes e unha hora despois, DJ Repunante puxo a música á tarde. E a festa rematou como remata unha boa festa e Valdeorras: cos tres artistas subidos xuntos ao escenario cantando o Miudiño cun público totalmente entregado.
Fotos: O SIL.
