A Corporación municipal do Barco celebraba ás 9h. deste luns 28 de setembro un pleno extraordinario cuxo único punto na orde do día era a toma de posesión de Javier Rodríguez Tato como concelleiro do grupo socialista. Este edil, que prometía o cargo, vén a cubrir o baleiro deixado por Diana Urdangaray, que renunciaba como edil o pasado 3 de setembro.
O alcalde do Barco, Aurentino Alonso, desexáballe os “maiores éxitos nesta nova etapa, asumir a acta de concelleiro é unha grande honra, pero sobre todo, unha grande responsabilidade cos cidadáns do concello, estamos seguros de que o teu compromiso, as túas ideas e as túas ganas de traballar serán de gran valor para este pleno. Benvido a esta corporación municipal”.
Fotos cedidas.
