
Na tarde do luns 28 de setembro un particular atopaba o corpo sen vida dunha persoa no río, en Ribadavia, tal como indican dende o 112 Galicia que recibía o primeiro aviso por mor deste suceso contra as 20 horas. “Segundo o particular que empregou o número único de emerxencias, había unha persoa no río do parque da Veonza. O alertador xa indicaba que podía estar falecida”, explican os xestores do 112 Galicia que, de contado, solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez alí, os servizos de emerxencia “procederon ao rescate da vítima, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida unha vez foi sacada da auga”, lamentan dende o 112.
