CulturaCulturaÚltima hora

“Neura, unha comedia neurótico-festiva”, este venres 2 de outubro na Rúa, no Centro Cultural Avenida

 

Este venres 2 de outubro volve o teatro ao Centro Cultural Avenida do Concello da Rúa, da man De Ste Xeito que presentará ás 21 horas a súa obra Neura, unha comedia neurótico-festiva.

Trátase dunha comedia que explora o tema da saúde mental desde unha perspectiva irónica e próxima cos personaxes principais lidiando con obsesións, tanto propias como alleas. Algúns intentan ocultalas, outros as mostran sen reparos, algúns buscan tratamento, pero todos sofren por mor delas.

 

 

A dirección e dramaturxia desta comedia corren a cargo de Manuel Pombal, unha figura salientable das artes escénicas; e o elenco está formado por Sergio Macías, que interpreta a Edu, e a actriz e produtora Stephy Llaryora, no papel de Sonia.

A posta en escena destaca polo coidado deseño de escenografía e vestiario do premiado Carlos Alonso, así como polo deseño de iluminación creada por Jorge Ramos Mourín, que achega ritmo, dinamismo e personalidade á obra.

Back to top button