
O Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), conmemorará un ano máis o Día Internacional das Mulleres Rurais coa celebración dunha serie de actos e actividades que terán lugar ao longo do mes de outubro. O contido deste programa vén de dalo a coñecer nesta mañá.
A programación é a seguinte:
– Mércores 7 de outubro | 11:45 h
Representación teatral “Foot”. Casa da Cultura.
– Mércores 7 de outubro | 16:00 h
Inicio do novo curso do programa “Poñémonos Moradas”. Mourisca.
– Xoves 15 de outubro | 12:30 h
Inauguración da exposición “Poñémonos Moradas”. Sala de Exposición do Concello.
– Martes 20 de outubro | 10:00 h
Programa “Xeración Emprende: A Ruta Rural do Emprendemento Xuvenil”. IES Carlos Casares
– Sábado 24 de outubro | 20:00 h
Representación teatral “As alumnas”. Casa da Cultura.
“Con esta programación, queremos reafirmar o compromiso do Concello de Viana do Bolo e o CIM coa igualdade, coa visibilización das mulleres e coa defensa dun rural vivo, igualitario e con futuro”, explican dende esta administración local.
