EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Finaliza a campaña de vendima da D.O. Monterrei co seu máximo histórico: 8,77 millóns de quilos de uva

Cedida.

 

A Denominación de Orixe Monterrei declaraba oficialmente o 29 de setembro a fin da vendima 2026 con 8.769.674,44 quilos de uva recolleitos. Do total recolleito, o 81% corresponde a variedades brancas, mentres que o 19% restante pertence a variedades tintas. Este resultado confirma a evolución positiva experimentada polo sector vitivinícola da comarca durante os oúltimos añvos e reforza o peso das variedades autóctonas.

As condicións meteorolóxicas rexistradas ao longo do ciclo vexetativo foron determinantes tanto no adianto do inicio da vendima, que comenzaba o 17 de agosto, como no desenvolvemento dunha campaña especialmente prolongada, “unha das máis longas que se lembran no D.O. Monterrei”, sinalan dende o consello. O período previo á vendima estivo marcado por temperaturas elevadas, escaseza de precipitacións e unha acusada oscilación térmica entre o deía e a noite. Estas condicións favoreceron unha evolución progresiva da maduración e contribuíron a manter un adecuado equilibrio entre o grao alcohólico e a acidez da uva.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada, sinala que “os datos desta vendima volven poñer de manifesto o potencial do territorio e o traballo realizado durante todo o añou por viticultores e adegueiros. Alcanzar un novo máximo histórico de producción, mantendo ao mesmo tempo unhas boas condicións de calidade da uva, é unha satisfacción para todo o sector”.

Coa finalización da vendima comeza agora unha nova etapa nas adegas da D.O. Monterrei, centrada na elaboración dos viños desta campaña. “As condicións coas que chegou a uva permiten afrontar este proceso con expectativas moi positivas, aínda que será a evolución dos mostos e do propio proceso de elaboración a que determine finalmente as características dos viños e permita trasladar as peculiaridades da zona á copa”, indican dende o Concello.

Deste xeito, a D.O. Monterrei pecha unha campaña “especialmente significativa para o sector vitivinícola da comarca, marcada por un novo máximo histórico de produción e por unhas condicións de vendima que permiten mirar con optimismo aos próximos meses”.

Back to top button