
Na mañá deste xoves 1 de outubro, un traballador resultaba ferido ao caer da plataforma dun camión en Ourense.
Tal como informan dende o 112 Galicia, o operario “foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense logo de caer da plataforma dun camión na rúa Río Bubal”. O accidente tiñalugara contra ás 11:40 horas, e foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que alertaron ao 112 Galicia. “Naquel momento, o ferido permanecía inconsciente”, aseguran, engadindo que no operativo, ademais dos servizos sanitarios, interviñeron os axentes da Policía Nacional e Local.
