Ecovixiantes de Franciscano de Ourense participan un ano máis na Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA que este ano chega á XIX edición. A zona elixida nesta ocasión para a limpeza foi a Praia da Antena, Río Miño; e tamén a zona de paseo que a bordea. Retiraron todo tipo de lixo (botellas e latas, anacos de tea, pezas metálicas e ata prendas de vestir).
Tapóns solidarios
Tamén seguen contribuíndo a que “a Casa Común estea presentable”. Así o grupo de voluntariado ambiental de Lalo e Cristina Bravo, dentro da campaña O Mar Empeza Aquí, recolleron as cabichas da contorna do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, en especial Celso Emilio Ferreiro.
E todo sen deixar de lado os hábitos de vida saudable e mobilidade sostible e segura, recibindo o outono despedindo a Semana Europea da Mobilidade e traballando reutilización de plástico e tapóns solidarios.
Tapóns que posteriormente eran entregados na nave de Seur no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. “150 kg de tapóns que a comunidade educativa e xente de ben achegan ao colexio centro de recollida e dos poucos que van quedando na provincia e tal vez en toda Galicia”, asguran orgullosos dende Franciscanas, recoñecendo a tenacidade dos Ecovixiantes que “con máis de 15 anos de recollida, queda plasmada semana a semana neste impagable labor de voluntariado ambiental e social porque os pequenos xestos cambian o mundo”.
Día das Aves 2026
E por se toda a actividade ambiental fose pouca, organizaban unha xornada divulgativa polo Día das Aves 2026, rendendo homenaxe ao xílgaro, elixida Ave do Ano por SeoBirdLife. O alumnado realizou unha bonita ficha sobre el, Carduelis Carduelis, comedor de cardos.
Pero ademais libremente elixiron outros paxaros residentes en Ourense como ferreiriños, pimpin, cirrios ou birrios, gorrións… “sensibilizando á poboación humana no respecto e convivencia cos veciños alados”.

Fotos cedidas
