ConcellosLaroucoÚltima hora

O Concello de Larouco adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

A Xunta asume as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en obras e usos do solo que se executen sen licenza ou sen axustarse ás súas condicións

 

Larouco convértese no Concello número 96 en adherirse  á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta. A directora da APLU, Victoria Núñez, asinaba na mañá deste 2 de outubro coa alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, este acordo de adhesión deste concello valdeorrés á Axencia, que é o instrumento de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e os concellos para velar pola legalidade urbanística, a protección e ordenación do territorio e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

A través do acordo, asinado hoxe na sede da delegación territorial de la Xunta en Ourense, o Concello de Larouco delega á APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións, sempre que estean situadas en solo rústico ou non urbanizable, así como en solo urbanizable ou apto para urbanizar mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento e en núcleos rurais delimitados no planeamento municipal.

 

 

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística exercerá de xeito definitivo estas competencias no concello de Larouco ao día seguinte da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Back to top button