Ao longo desta fin de semana poderá visitarse unha mostra de produtos agrícolas e artesáns dentro do recinto da VI Exposición Crianza Trevinca, situada no Coiñedo (A Veiga), que se inauguraba ás 12h. deste 3 de outubro.
Dende marmeladas, mel, embutidos e queixos (tanto de vaca como de ovella), así como licores e bica, entre outros produtos gastronómicos poden probarse e mercarse nos diferentes postos da feira. Ademais, hai diversos produtos de artesanía en materiais como madeira, coiro ou pedra. Esta mostra permanecerá aberta ao longo de toda a fin de semana.

Non faltan tampouco diversos postos de gastronomía con opcións como porco ao espeto, polbo, polo asado, parrillada, pizzas e foodtrucks, facilitando que os visitantes poidan pasar boa parte da xornada no Coiñedo.
Ademais no lugar hai unha zona infantil pensada para os máis cativos con colchonetas, un touro mecánico, xogo de madeira, unha noria, etc.
Fotos: O SIL.



